O Club Volei Praia Milenio Ourense comeza a traballar neste ano 2018 cun obxetivo prioritario que é o de promocionar o deporte do voleibol, e da súa modalidade de volei praia, nas categorías base co fin de incrementar a oferta de actividades lúdicas e deportivas que se desenvolven no verán na cidade de Ourense.

Na actualidade estase a reformar na súa totalidade o recinto deportivo de Oira para converter a precaria pista actual en dúas novas pistas regulamentarias para a práctica de volei praia e ofrecernos a posibilidade de desenvolver campionatos locais, autonómicos ou de carácter nacional durante os meses de verán.

Ademáis das dúas pistas regulamentarias o novo recinto OIRAPRAIA contará cunha zona de esparcemento para as xogadoras e xogadores de Volei Praia e unha caseta adaptada como zona de vestiarios e como local social para a organización de eventos e dos distintos campionatos de volei praia que se celebren este ano.

Esta reforma integral das instalacións posibilitará o adestramento adecuado dos nosos xogadores federados cara a competir nas distintas probas que se disputarán neste ano 2018 nos distintos
circuitos autonómicos e nacionais.

Asemade permitirá ao Club Volei Praia Milenio Ourense programar e organizar un circuito propio de torneos e campionatos para doutar de actividade ás novas instalacións.

 

O CIRCUITO OIRAPRAIA OURENSE constará dos seguintes torneos:

 

23-24 xuño 2018 1º TORNEO CATEGORÍAS INFERIORES MILENIO

7-8 xullo 2018 2º TORNEO CATEGORÍAS INFERIORES MILENIO

13-15 xullo 2018 1º TORNEO SENIOR DO CAMPIONATO GALEGO

20-22 xullo 2018 PROBA CATEGORÍAS INFERIORES CAMPIONATO GALEGO

4-5 agosto 2018 3º TORNEO CATEGORÍAS INFERIORES MILENIO

10-12 agosto 2018 2º TORNEO SENIOR DO CAMPIONATO GALEGO

18-19 agosto 2018 4º TORNEO CATEGORÍAS INFERIORES MILENIO

24-26 agosto 2018 3º TORNEO SENIOR CAMPIONATO GALEGO (PROBA FINAL)

1-2 setembro 2018 5º TORNEO CATEGORÍAS INFERIORES MILENIO

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies